17/12/14

¡¡BO NADAL!!

Os peques de infantil queren desexarvos cun sorriso un BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2015.
Estes son os maiores  de 5 anos


Os nenos e nenas de 4 anosdo grupo A

Os nenos e nenas de 4 anos do grupo B

Os máis peques do cole, os nenos e nenas de 3 anos do grupo A

E os nenos e nenas de 3 anos do grupo B

15/12/14

¿QUEREDES FALAR CON PAPÁ NOEL OU COS REIS MAGOS?


Se queres falar con Papá Noel ou cos Reis Magos pídelle a algún adulto que che axude.
 Fai Clic nesta imaxe.

PANXOLIÑAS DE NADAL

Xa está ás portas o nadal e os peques de 4 anos cantan e ilustran panxoliñas coñecidas e  outras non tan coñecidas. ¡Botádelle un ollo e veredes que ben o fixeron!

5/12/14

A MAMÁ DE IRIA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á mamá de Iria que se chama Marta. Veu para ensinarnos a  facer  pulseiras. Con ela tamén veu a miñoca Lola  que nos indicou como había que  facer a  pulseira e outras tres miñoquiñas  moi amigas que nos ensinaron a facer  trenzas. Estas novas amigas decidiron quedar no cole para seguir xogando con todos nós.  ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Marta pola túa asistencia!!

25/11/14

EXPOSICIÓN: FOTOGRAFOS DA NATUREZA 2014

Este martes fomos de excursión a pontevedra os nenos de 5 e 4 anos. Visitamos o Centro Cultural Afundación para ver unha exposición «Fotógrafos da Natureza 2014" onde puidemos desfrutar de algunhas das mellores instantáneas sobre a vida salvaxe na natureza. Tamén fixemos un taller con follas do outono moi divertido. ¡Botádelle un ollo ó vídeo!

14/11/14

A MAMÁ DE XOEL VÉN Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á mamá de Xoel que se chama Sandra. Veu para facer con nós unha actividade de cociña sinxela e moi saborosa. Ensinounos como facer arañas de chuches con: galletas, nocilla, regalicias e lacasitos. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Sandra pola túa asistencia!!

11/11/14

MAGOSTO 2014

Este luns celebramos o Magosto. O tempo non acompañou e realizamos os Xogos Populares dentro do cole e nos patios. Temos que darlle as grazas un ano máis a Jose e a Isabel por asarnos as castañas no seu tren. ¡Botádelle un ollo o vídeo e, veredes  o ben que o pasamos!

7/11/14

A MAMÁ DE ALBA VÉN Ó COLE

Esta semana recibimos no cole ó mamá de Alba que se chama Manoli. Veu para  falar con nós das mamás, de como son, a onde nos levan, que facemos con elas... Tamén nos ensinou a cantar unha cantiga dedicada ás mamás e axudounos a prepararlles un agasallo. Pasamos un rato moi agradable con ela.  ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Manoli pola túa asistencia!!

OS ELEFANTES

As nenas e os nenos de 4 anos aprenderon cousas sobre os elefantes. Aquí podedes ver algúns traballiños que fixeron.

2/11/14

SAMAÍN 2014

Este ano recibimos polo Samaín á Bruxa Tarabela que nos veu contar o conto dun calacú chamado Breixo.  Por ser tan bos rapaces/as agasallounos con caramelos. Tamén pintamos as caras con cabazas, morcegos...
¡Botádelle un ollo o vídeo!

24/10/14

AS XIRAFAS

Os nenos de 4 anos do grupo das xirafas investigaron sobre estes animais e recolleron moita información. Agora saben onde viven, como son, que comen, como beben,  como dormen, como demostran a súa forza... ¡Botádelle un ollo a este vídeo e veredes!

Tamén recitaron poesías de xirafas:

21/10/14

UN PASEO POLA SABANA

Os nenos e nenas de 4 anos saíron das aulas para dar un "Paseo pola Sabana" africana. Mentras un grupo facíase pasar polos animais que habitan na sabana o outro grupo organizado en parellas cunha folla de recollida de datos,  tiña que identificar e escribir o nome daqueles animais que atopaban.
¡Pasámolo moi ben! ¡ Botádelle un ollo o vídeo!

19/10/14

LIM ANIMAIS DA SABANA

Aquí vos deixamos un xogo LIM dos animais da sabana. ¡Probade a facelo é moi divertido!






17/10/14

HALLOWEEN NA CLASE DE INGLÉS.

Estamos aprendendo cancións de Halloween e un xogo con cabazas, que sabemos se chaman "PUMPKIN". Picade na imaxe para acceder ao blog de inglés e aprendelas.
http://english-amorruibal.blogspot.com.es/search/label/HALLOWEEN

O PAPÁ DE DARÍO VÉN Ó COLE

Esta semana recibimos no cole ó papá de Darío que se chama Rubén. Veu para  falarnos do seu traballo como Técnico Electrónico. Foi unha experiencia marabillosa na que  Rubén lles falou das súas ferramentas, das cousas que arranxa, de como funcionan as baterías dos móbiles. Tamén lles trouxo un pequeno circuito que o producir contacto facía vibrar un pequeno vibrador dun móbil. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Rubén pola túa asistencia!!

2/10/14

ENSALADA DE FROITAS E ZUME DE UVAS NO OUTONO

Aproveitando a chegada do outono e a recollida de moitas froitas fixemos a seguinte experiencia: una ensalada de froitas e zume de uvas. Chegamos a conclusión de que as froitas ademais de cheirar ben, saben mellor e son moi sas.¡¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!!

25/9/14

AS FAMILIAS VEÑEN Ó COLE

Este ano convidamos ás familias ó cole, para que veñan facer cos nenos e nenas de catro anos algunha actividade para a que se sintan motivados: contar contos, bailar, cantar, cociñar, falar dos oficios... De seguro que será unha experiencia única para os nenos e nenas que lembrarán sempre "o día que mamá ou papá estivo no cole... ¡Animádevos e non deixedes pasar esta gran oportunidade!

24/9/14

COMEZAMOS O COLE

Xa estamos aquí, comezando o  curso 2014-2015,  cos nosos amigos e amigas. Este ano seguro que vivimos moitas novas e boas experiencias que vos imos  ir contando. Estade atentos que haberá moitas novas.

20/6/14

3º TALENT SHOW

Xa remata o curso 2013-2014 e coma estes últimos anos celebramos "O TALENT SHOW". Os alumnos/as de todo o cole prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais e de contadores de chistes. Organizouse en dúas partes, como poderedes ver máis adiante.¡Botádelle un ollo, hai moito artista!

19/6/14

GRADUACIÓN 2014.

Os nenos e nenas de 5 anos remataron a súa estancia no 2º Ciclo de Educación Infantil cunha festa de GRADUACIÓN. Compartiron esta data tan especial cos demais compañeiros/as do colexio e en especial cos de 6º curso que o próximo curso estarán no Instituto e como non! convidaron ás súas familias. Os papás e mamás non podían faltar. Para acompañar este acto viñeron uns músicos, o cuarteto BXBRASS, integrantes da Banda Xuvenil de Barro. Fixérono todos estupendamente. ¡Botádelle un ollo!

CANGREXOS E POLBIÑOS DE VERÁN

Os peques de 3 anos  queren desexarvos un  ¡¡BO VERÁN!! e despedirse ata o próximo curso ensinándovos os seus cangrexiños e os seus polbiños.

27/5/14

O POLI PACO E A POLI LOLA

Hoxe recibimos no cole ó poli Paco e á poli Lola que nos explicaron  e ensinaron algunhas cuestións de Educación Viaria básicas : a importancia de poñer o cinturón no coche, o uso dos pasos de peóns, como baixar do coche, como camiñar polas beirarrúas... ¡Botádelle un ollo!

21/5/14

ENTREGA DO VI PREMIO MIMI Ó PERSOEIRO DO ANO

Hoxe, fixemos a entrega do VI Premio Mimi á cantante coruñesa SÉS. Como ben sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro. Sés interpretou co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Canto aquí, canto na Habana" que tanto cantamos estes días no cole. Tamén nos confesou que cando estaba entre amigos  gustáballe cantar o tema "Labregha Berghantiñana"   que nos regalou e interpretou con todos nós. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!

AGASALLOS NO CONCELLO

Hoxe visitamos o Concello. Pili, a informadora xuvenil, e Rosa, a concelleira de cultura, agasallaron a tódolos nenos e nenas de infantil cun pequeno libro para colorear; en agradecemento a súa participación no concurso organizado polo concello "Cóntame un conto veciño".

20/5/14

A LERCHA

Este é o conto co que os nenos e nenas de 5 anos participaron no concurso da Biblioteca de Barro " Cóntame un conto veciño".

A OVELLA CALOROSA

Este conto foi creado polo alumnado de 4 anos para o concurso "CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO"

CONTO: A POMBA VERDE

CREAMOS CONTOS!

19/5/14

LETRAS GALEGAS 2014

Este ano polo Día das Letras Galegas homenaxeamos ó escritor Xosé María Díaz Castro. Os nenos e nenas de infantil fixeron diversas actividades ó respecto. Os nenos e nenas de 4 anos quixemos retratar ao autor homenaxeado este ano, JOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, e estas son as nosas obras de arte!

15/5/14

SÓ UN SEGUNDO

DESPOIS DE LER O LIBRO "SO UN SEGUNDO", DE SILVIO FREYTES E FLAVIO MORRIS, EDITADO POR KALANDRAKA, FIXEMOS UNHA ADAPTACIÓN COAS NOSAS ILUSTRACIÓNS E VOCES.

ÁS DE MOSCA PARA ANXO

ESTA É A NOSA VISIÓN DO LIBRO DE ESTRELA, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

RECITANDO

As nenas e nenos de 5 anos recítanos unhas fermosas poesías:







9/5/14

¡BENVIDA AOS PITIÑOS!

Hoxe fomos visitar ao ximnasio uns novos membros da comunidade educativa moi especiais. Unha familia de gorrións aniñou esta primavera dentro dun zampacastañas e estes días naceron os seus fermosos pitiños aos que fomos dar a benvida con moito agarimo.

8/5/14

CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO

Estes son os dous contiños que inventaron e ilustraron os nenos e as nenas de 3 anos, para participar no concurso "Cóntame un conto, veciño" que convocan o Concello de Barro e o de Portas.

 

7/5/14

CANDIDATOS PREMIO MIMI 2014

Un ano máis, os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á VI edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos para este ano foron: o grupo humorístico musical Os da Ría, o contacontos Anxo Moure, a cantante coruñesa "SÉS" , a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa campaña "Gústame o Galego", o escritor X. Neira Vilas e a escritora Fina Casalderrey. De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora María Xosé Silvar, a cantautora galega "SÉS".

1/5/14

ÁS DE MOSCA PARA ANXO


Este curso estamos traballando no  Proxecto Escribir e Ler para ser competentes  ten a súa orixe no proxcto desenvolto o curso pasado Escribir como Lectores  na compaña do Club de Escritura Telémaco. A obra literaria escollida para traballar en todo o centro  é "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey. O obxectivo é achegar ós nenos e nenas á literatura, a través de diversas actividades adaptadas que estimulen e fomenten a motivación pola lectura e pola produción escritura.

28/4/14

ÁS DE MOSCA PARA ANXO: MARCAPÁXINAS

Un ano máis, para conmemorar o Día do Libro, cada alumno/a traballou no seu propio marcapáxinas. Este ano referido á obra "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey. Os nenos e nenas de 5 anos fixeron estes fermosos marcapáxinas co gallo do día do libro:


Os peques de 3 anos tamén fixeron, con moita ilusión, os seus primeiros marcapáxinas:

23/4/14

DÍA DO LIBRO, ABRIL 2014

Para conmemorar o Día do Libro, do presente ano, os peques de infantil traballaron diferentes libros, que seguro coñecedes, ilustráronos, narráronos e ata cantaron como podedes ver a continuación. Os nenos e nenas de 3 anos versionaron: "Os Tres Porquiños", "O Polo Pepe" e a cantiga do grupo Mamá Cabra "Coñezo un Gatiño".

1/4/14

O PIRATA MALAPATA

Fixémolo os nenos de 5 anos.

28/3/14

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Os pequenos de tres anos traballaron e recitaron  a poesía "Tres Bolboretas" de X. Neira Vilas coincidindo coa chegada da primavera . ¡Botádelle un ollo!

Os nenos e nenas de 4 anos traballaron a poesía "Bicos" de Antonio García Teijeiro. ¡Facede clik na imaxe!
PICA NO BICO!
Os maiores de 5 anos traballaron as poesías  referidas ó Inverno e a Primavera de Antonio García Teijeiro. Ademais de recitalas tamén fixeron unhas fermosas ilustracións.




20/3/14

ANIVERSARIO JÉSSICA

No libro "Ás de mosca para Anxo" de fina Casalderrey cóntasenos como celebran os cumples na clase do profe Carlos. Os peques de 3 anos tamén celebran os seus aniversarios. Hai uns días estivo Jéssica de cumple e ademais de cantar as cantigas de aniversario os peques regaláronlle a Jéssica un debuxo, no que se reflicte o que lles gustaría regalarlle. ¡É un agasallo moi especial!

19/3/14

AS NOSAS MASCOTAS

Este proxecto xurdiu trala lectura dun dos capítulos do libro "Ás de mosca para Anxo". Cando Estrela conta ós seus compañeiros que sobe moitas veces ó tellado e un deles lle pregunta:  "E que fas no tellado? Xogas co gato?
Os nenos e nenas de 3 anos trouxeron fotos das súas mascotas. Falamos sobre elas e fixemos este libriño.


A PULSEIRA DE ESTRELA, 3 ANOS

A pulseira de Estrela tivo moito éxito entre os máis pequenos. Grazas a este elemento xurdiu a seguinte proposta "UNHA TARDE COA PULSEIRA DE ESTRELA". Estrela estaba algo aborrecida na Biblioteca e pensou en deixarlle a  pulseira ós nenos e nenas de 3 anos a cambio de que  lle contasen o que facían polas tardes nas súas casas. Os nenos e nenas levaban a pulseira na man e unha caixiña, a modo de xoieiro, para informar ás familias da actividade. Ó  mañá seguinte debían contar ós seus compañeiros/as as cousas que fixeron a tarde pasada. Tamén tiñan que escribir e facer un debuxo, para levarlle a  Estrela, do que máis lles gustou. Finalmente, Estrela agasallaraos con caramelos porque pasouno moi ben lendo o que facían polas tardes.

ÁS DE MOSCA PARA ANXO, 3 ANOS

Este ano, como vimos anunciando dende hai tempo, todo o cole anda a traballar na obra "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey, vinculado ó proxecto "Escribir e Ler para ser Competentes". Os máis peques do cole tamén traballaron a obra, achegando a mesma as súas vidas. Aquí vos deixamos algunhas das actividades realizadas.


14/3/14

O LAZO DA OVELLA

Un traballo d@s nen@s de 5 anos:

CECILIA E O GATO

Un fermoso traballo d@s nen@s de 5 anos:

28/2/14

ENTROIDO 2014

Un ano máis, chega o Entroido ó CEIP Amor Ruibal cos orixinais "Mandados de Mimi". Pasámolo moi ben grandes e pequenos como podedes ver neste vídeo. ¡Botádelle un ollo!

DISFRACES 2013-2014

Aquí, vos deixamos un traballiño que fixeron os peques de 3 anos do entroido. A eles gustaríalles disfrazarse de...

20/2/14

O MAGO GALILEO

Outro fermoso traballo dos nenos e nenas de 5 anos

17/2/14

LIM ENTROIDO 2014

Logo chega o entroido. Pásao ben cos Canguros e cos Pitiños! Próballes as máscaras a ver que guapos están!

16/2/14

LIM DISFRACES

A ver se adiviñas quen son estes nenos e nenas que están disfrazados. Ordena as letras. Xoga un pouco, ¡verás como resulta divertido!

14/2/14

BICOS DE SABORES POR SAN VALENTÍN

Os nenos e nenas de 3 anos polo San Valentín fixeron uns corazóns moi grandes para agasallar ós seus pais con bicos que sabían a... (actividade inspirada en Estrela, protagonista  do libro "Ás de mosca para Anxo". No libro os pais de estrela din que ten un corazón moi grande e a Estrela gústalle moito dar bicos para facer amigos) ¡Botádelle un ollo ó vídeo e veredes que ricos!

13/2/14

O PALLASO FUFÚ

Un traballo dos nen@s de 5 anos:

12/2/14

DÍA DOS NENOS E NENAS SOLDADO

Hoxe comemoramos O Día Mundial contra a Utilización de Nenos e Nenas Soldado. Todos os nenos e nenas do cole danzaron e cantaron a cantiga "A Ronda do Soldadinho" cantada pola portuguesa Isabel Silvestre composta polo cantautor José Mario Branco. Esta comemoración celébrase dende o ano 1998 para evitar que miles de menores en todo o mundo sexan utilizados, dun modo ou outro, en conflitos armados. Dende 2002 coñécese tamén como o Día das Mans Vermellas, símbolo proposto por Nacións Unidas para denunciar este problema. Nenos e nenas soldado existen en lugares como Afganistán, Myanmar, Chad, Colombia, Filipinas, India, Iraq, Palestina, República Centroafricana, República Democrática do Congo (RDC), Somalia, Sri Lanka, Sudán, Thailandia e Uganda. Pero non só o Terceiro Mundo é testemuña deste abuso, xa que algúns exércitos de países desenvolvidos tamén teñen nas súas filas a rapaces e rapazas que non alcanzan a maioría de idade.

3/2/14

A RONDA DO SOLDADINHO

Para comemorar o  Día Internacional  contra a Utilización dos Nenos e Nenas Soldado os nenos e nenas de infantil  ó igual que os maiores   danzan e cantan a  fermosa cantiga "A Ronda  do Soldadinho" cantada por Isabel Silvestre e composta por José Mario Branco. ¡Botádelle un ollo ó ensaio dos nenos e nenas de 4  e 5 anos e veredes que ben o fan".







30/1/14

DÍA DA PAZ 2014

O día 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz con diversas actividades. Os máis pequenos e pequenas escribiron e debuxaron o que eles entendían por Paz. As mensaxes foron moi significativas tendo en conta as súas idades.  ¡Botádelle un ollo, seguro que vos sorprenden!