27/2/15

XURAMENTO PIRATA

En días atrás, completamos o Xuramento, hoxe xurámolo  para converternos nos Piratas de Barro. Como poderedes ver e escoitar, esta é unha tripulación de  piratas: rápidos, valientes e moi fortes. ¡Botádelle un ollo o vídeo!

20/2/15

XOSÉ NEIRA VILAS

Imos recibir no cole a emotiva visita do  ilustre escritor Xosé Neira Vilas, aínda non temos data, pero andamos a traballar nas súas fantásticas obras. En infantil traballamos "Espantallo Amigo", unha obra na que se tratan  valores tan importantes como a humanidade, a xenerosidade, a solidariedade e a  harmonía. Os pequenos ilustraron, escribiron textos, narraron, cantaron...
De seguido,  poderedes ver algunhas das actividades realizadas:

Os nenos e nenas de 4 anos fixeron unha adaptación da obra:



Tamén traballamos o retrato e os nenos e nenas fixeron estes mágníficos retratos de Xosé Neira Vilas: Pola celeberación do Día da Paz e aproveitando o traballo da obra do "Espantallo Amigo" falamos da importancia da amizade. Os nenos e nenas a través dos paxariños levaron mensaxes ao Espantallo do que para eles son os amigos e amigas.

O ESPANTALLO AMIGO

Os nenos e nenas de 5 anos leron tamén esta obra e ofrécennos esta bonita versión. Disfrutade coa súa lectura.


Como non podía ser doutro xeito, dibuxaron tamén aos persoonaxes.



17/2/15

A MAMÁ DE ANTÍA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á mamá de Antía que se chama Susana. Veu para ensinarnos a experimentar co aire. Ensinounos que o aire ocupa un espazo. Para iso empregou cun globo e unha botella de plastico. Ensinounos a facer voar bólas de papel. Tamén como suxeitar un anaco de papel cunha palla sen agarrarlo e por último a facer un muíño de papel para que se movera co vento, é dicir, o aire en movemento. ¡¡ Pasámolo moi ben facendo todos estes experimentos!! ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Susana pola túa asistencia!!

ENTROIDO 2015

A pasada semana celebramos o tradicional entroido no cole. Este ano "Os mandados de Mimi" foron conformando  como veredes no vídeo  o disfraz de pirata. Pois no cole andamos a traballar  no Proxecto "Piratas" e que mellor ocasión que esta  para vestirnos de tan peculiar personaxe.¡¡ Pasámolo xenial!! ¡¡ Botádelle un ollo o vídeo!!

15/2/15

ENTROIDO PIRATA

Aproveitando o feito de que estamos a traballar no Proxecto dos Piratas o tema do vestiario, o grupo dos elefantes e o grupo das xiragas de 4 anos, pensamos que podiamos facer roupa de piratas para disfrazarnos. O resultado foi fantástico, podedes xogar a vestirnos. ¡Botádelle un ollo!

13/2/15

CARTA DE BARBARROJA

Hoxe recibimos unha carta do Capitán Barbarroja, que nos convidaba a buscar un tesouro coa axuda dun mapa que trouxo Iría. Tamén nos anunciaba que o que iamos atopar era o XURAMENTO PIRATA, a través do cal poderiamos formar parte da tripulación dos nosos barcos o "Tiburón-Sirena" e o "Tiburón-Rosa". Ademais,  tivemos que completalo porque algunhas palabras desapareceran. ¡Botádelle un ollo o vídeo!

5/2/15

A MAMÁ DE MIRO VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á mamá de Miro que se chama Mónica. Veu para lernos un conto de animais da granxa, un dos preferidos de Miro na casa, protagonizado por unha familia de coellos. Despois da lectura e traballo de comprensión do mesmo propuxo como actividade a realización dun cucurucho con forma de coello. Finalmente, deulle ós nenos/as uns caramelos para gardar no mesmo, aínda que como é evidente non chegaron todos á casa. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Mónica pola túa asistencia!!

2/2/15

PAZ 2015

Un ano máis celebramos o Día da Paz no cole. Ademais dos traballos que se foron facendo polas aulas todos os nenos e nenas do cole cantaron a cantiga "RUMBA DAS APERTAS" de Magín Blanco, coordinados pola profe de música Claudia. ¡Botádelle un ollo o vídeo!