27/3/15

OS PIRATAS DE BARRO

Decidimos decorar e ambientar o corredor coa temática pirata, tendo en conta a motivación implícita do alumnado neste momento do proxecto que se está a desenvolver. Foi un traballo moi completo: embarcacións con mome, piratas con nome propio, lemas para as bandeiras, illa do tesouro, palmeiras... Este foi o resultado. ¡Botádelle un ollo, é todo un éxito!

26/3/15

A TÍA DE AITANA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á tía de Aitana que se chama Montse. Veu para lernos un conto de piratas de Peppa Pig. Despois da lecutra coloreamos un debuxo de Peppa e  picamos un ollo de boi.  Pasamos un rato moi divertido mirando polo ollo de boy de diferentes cores. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Montse pola túa asistencia!!

21/3/15

DÍA MUNDIAL DA POÉSÍA

Este 21 de marzo, celebramos o día da Poesía. Grazas a este xénero literario podemos facer voar a nosa imaxinación e os nosos pensamentos, con palabras ordenadas cun ritmo que manifesta moita creatividade e enxeño. Este ano traballamos a poesía "O meu barco" de Manuel María Fernandez Teixeiro e convertémonos en valentes capitáns e capitanas de barcos de xoguete.

19/3/15

O PAPÁ DE ALEX VILAS VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole ó papá de Alex Vilas que se chama Ángel. Veu para ensinarnos a sementar e plantar  agora que se achega a primavera. Primeiro sementamos leitugas e cenorias, insistiunos na importancia dunha boa terra abonada e da rega diaria. Despois gardamos os envases xa sementados no invernadoiro. Logo fomos á pequena horta do cole, onde nos falou da importancia de preparar e limpar a terra co sacho e abonala.   Sementamos grans de millo e plantamos repolos. Rematamos regando o cultivo. ¡Agora a regar e a esperar á colleita! ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Ángel pola túa asistencia!!

11/3/15

OS PAPÁS DE PAULA VEÑEN Ó COLE

Esta semana recibimos no cole ós papás de Paula, Mar e Benito. Viñeron  para ensinarnos como se fabrica o papel  (hixiénico, panos, folios...) grazas á árbore do eucalipto. Tamén nos ensinaron como podemos reciclar o papel que xa non empregamos para contribuir na conservación do medio ambiente. ¡¡ Pasámolo moi ben, sobre todo no taller de reciclaxe!! ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Mar e Benito pola vosa asistencia!!