22/6/16

A QUE XOGAMOS?


Nas clases de 5 anos levamos xa algunhas semanas aproveitando o bo tempo para aprender diferentes xogos. Para axudarnos con algúns deses xogos, contamos coa colaboración inestimable de avós e avoas.
 A todos e todas, moitas grazas.
Aí vai unha pequena recollida de fotos e debuxos.

14/6/16

JUAN, O AVÓ DE JULIA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole a Juan, o avó de Julia. Veu para ensinarnos a xogar ás canicas. Falamos dos nosos xogos preferidos e despois explicounos como xogar ás bólas e como se trocaban. ¡ Pasámolo moi ben!¡Moitas grazas Juan pola túa asistencia! ¡Foi un pracer terte no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo!

9/6/16

FESTA "ARREDOR DAS LETRAS 2016"

Para conmemorar esta data no colexio, e dado que o autor homenaxeado este ano tiña abundante produción literaria asequible e axeitada para o noso alumnado, decidimos organizar un festival. que chamamos "Arredor das Letras" por celebrarse en datas próximas ao Día das Letras Galegas e que tivo lugar o pasado 20 de maio na nave da Escola-Taller, grazas á colaboración do Concello...  SE QUERES SABER MÁIS PREME AQUÍ E VERÁS

8/6/16

CONCHA, A AVOA DE ANTÍA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole a Concha, a avoa de Antía. Veu para ensinarnos a cantar e bailar o "Chuchua". Tamén cantamos xuntos "Ondiñas veñen e van" e xogamos a "ratón que te pilla el gato".   ¡ Pasámolo moi ben!¡Moitas grazas Concha pola túa asistencia! ¡Foi un pracer terte no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo!

1/6/16

EMILIA E CELSA AS AVOAS DE HELIA VIÑERON Ó COLE

Esta semana recibimos no cole a Emilia e a Celsa, as avoas de Helia, acompañadas da súa mamá Mili. Viñeron para ensinarnos a xogar a un xogo moi especial, porque non o coñeciamos. A avoa Celsa díxonos que o seu avó lle ensinou a xogar cando tiña cinco anos. Na súa familia coñéceno como "O Xogo das Leiras". Tamén se coñece tradicionalmente como: o xogo do muíño, morris ou merreles. Parece ser que é un dos xogos vivos máis antigos que existen. ¡Moitas grazas pola vosa asistencia! ¡Foi un pracer tervos no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!